Bloques temáticos

1. Representacións da morte na historia

As distintas perspectivas na análise da morte proporcionan unha gran diversidade na súa representación a través dos distintos medios de expresión artística, literaria, musical e ao longo da historia a morte foi representada por moitos artistas versados nas distintas artes.

Establécense así ademais distintos canles que contribúen á superación das perdas e axudan a afrontar a morte.

Temas relacionados:

  • A morte como tema recorrente na literatura
  • Iconografía da morte na arte
  • Monumentos funerarios.

2. Ritos funerarios e morte nas distintas culturas

A morte, feito natural que marca o final do ciclo de vida, foi desde o inicio dos tempos observado, analizado  e interpretado desde distintas perspectivas e crenzas que son determinantes da  diversidade de rituais funerarios e incluso dos distintos modos de enfocar a propia vida.

Así mentres na cultura occidental a morte, con certas diferencias desde as distintas relixións, é a negación, é consecuencia do pecado e polo tanto, é apartada, temida e inflixida como castigo supremo; na cultura oriental, a crenza na reencarnación  a considera como un tránsito a nova vida e, polo tanto é aceptada con respecto; na cultura islámica, sen embargo, a morte é unha liberación.

Ademais, a morte, sempre rodeada de misterio,  é e foi historicamente obxecto de ritos, na maioría dos casos para despexar o medo, intentando burlala, rendéndolle culto, ou, tamén a nivel emocional, para intentar afrontar e superar os procesos de dor que a acompañan.

É tamén interesante a análise dos obxectos da vida cotiá cuxas formas estaban ligadas a ritos e costumes arredor da morte e que  nos dan información do grao de incidencia da morte no transcurso da vida.

Galicia é especialmente sensible neste aspecto e reúne unha cantidade importante de costumes e ritos que foron transmitíndose ao longo dos anos, existindo abondosa literatura que os recolle e analiza.

Temas relacionados:

  • ¿Que significa a morte para as distintas culturas?
  • Rituais funerarios nas diferentes culturas
  • Ritos funerarios na prehistoria.

3. Antropoloxía da morte.

Desde o punto de vista da antropoloxía, o concepto da morte trátase cunha perspectiva ampla de modo que analiza todas as súas expresións e as súas interrelacións nos distintos aspectos psicosociais e culturais das persoas que condicionan e condicionaron ao longo da historia o propio enfoque do modo de vivir e de entender a vida.

Neste sentido, neste bloque temático podemos tratar as distintas perspectivas da morte que enraízan na dimensión relixiosa, familiar, social, política, cultural e incluso económica ao longo das sucesivas civilizacións e que deron lugar á gran diversidade de rituais e costumes funerarios.

Tamén se inclúe neste apartado a pedagoxía da morte como o compendio de didácticas necesarias para propiciar o seu tratamento a nivel educativo.

Temas relacionados:

  • A ortotanasia ou a morte digna como un dereito.
  • A concepción da morte condiciona o modo de vida das persoas?
  • ¿Cómo condiciona o modo de vida nas distintas culturas?
  • ¿Cómo explicar a existencia da morte aos nenos e nenas.

4. Grandes cemiterios monumentais

Os cemiterios, sepulturas, epitafios e construccións funerarias son unha fonte básica de  información para o coñecemento da vida das cidades, dos costumes, da división social, do nivel económico, da súa vida cultural e o seu estudio contribuíu de xeito relevante ao coñecemento da prehistoria, do mundo clásico, do mundo medieval ou da sociedade contemporánea.

As tendencias actuais van encamiñadas cara a revalorización e posta en valor dos cemiterios como recintos custodios de arte e auténticos museos ao aire libre que, como tales, se proxectan ao exterior abrindo as súas portas á cidadanía para amosar e dar a coñecer o seu patrimonio.