VI Concurso de fotografía “Estampas de paz e acougo”

Fecha: 18/10/2021 a 03/11/2021
Hora:
Lugar de celebración: Cemiterio Municipal de San Froilán

Tema: Dentro do arte funerario, na súa máis amplia expresión, nesta ocasión a temática versará sobre a simboloxía das construcións funerarias e do patrimonio inmaterial que incorporan relacionadas coa carga emocional que transmiten, así como a especial visión da morte nos cemiterios rurais.

  • Alegorías á morte, á dor, á esperanza gravadas ou esculpidas na pedra, mensaxes inertes e augurios doutras vidas que acompañan a memoria dos seus silenciosos moradores.
  • Nesta ocasión circunscríbese ao ámbito xeográfico do Concello de Lugo agranguendo tanto o cemiterio municipal de San Froilán como os cemiterios parroquiais existentes.
  • Establécense tres premios: O primeiro, dotado de 600 €, o segundo  de 400€ e o terceiro de 200€.