Día de Todos os Santos no Cemiterio de San Froilán

Día de Todos os Santos no Cemiterio de San Froilán
Fecha: 03/11/2021

Este dia de Todos os Santos de 2021 tivo unha significación especial, porque marca o cese das restricións e, polo tanto, un reinicio da vida social no cemiterio de San Froilán.

A música clásica volveu a acoller á cidadanía que acudiu a realizar a visita ritual aos defuntos; a visita familiar e íntima de recordo e honra á memoria dos seus. O tempo acompañou e eses raios febles viñeron a amornar o recinto e a imprégnalo desta luz máxica do outono.

Voltamos a reencontrarnos coa Memoria viva do noso clan, do noso entorno amado.