Visita guiada no Cemiterio de San Froilán

Visita guiada no Cemiterio de San Froilán
Fecha: 03/11/2021

Na mañá de domingo do dia 24 de outubro relizouse unha visita guiada ao Cemiterio de San Froilán, que foi disfroitada por un nutrido grupo de persoas.

Supón o reinicio das actividades culturais neste, logo da forzada interrupción motivada pola propagación da pandemia do Covid19, sendo o primeiro evento da programación cultural prevista para a celebración da Festividade de Defuntos de 2021.

Ten, xa que logo, ese carácter de reencontro desexado con esta liña de actividades coas que se pretende  dar un paso máis no camiño hacia a posta en valor do cemiterio, do patrimonio arquitectónico que nel se custodia e da súa proxección como un recinto de celebración da vida, de Memoria viva da cidade, dentro das tendencias actuais dirixidas á xestión cultural e emocional dos cemiterios, nas que o cemiterio de San Froilán continúa a ser un referente. Os  sucesivos  recoñecementos públicos en premios, galardóns e incluso citas en prestixiosos foros de ámbito mundial, sí o demostran.