Memoria de actividades

De acordo coas tendencias actuais, o Concello de Lugo intentou nestes últimos anos dar un novo enfoque ao Cemiterio Municipal de San Froilán, de xeito que, paralelamente á prestación do servicio público á cidadanía, orientase cara a un novo concepto de cemiterio significativo, no cal ten cabida a súa consideración como un lugar de acollemento e de encontro persoal, dando tamén relevancia ao seu valor artístico-cultural e histórico.

As actuacións realizadas nestes anos foron orientadas a estes obxectivos: velaí o “Xardín das lembranzas”, lugar de encontro coa nosa historia individual que nos invita a facer unha homenaxe íntima aos nosos seres queridos ausentes.

Tamén os macizos de flores que salpican todo o recinto, as frases inspiradoras e de consolo que nos sorprenden en recunchos escollidos ou a mesma fonte instalada recentemente que axuda, co son da auga a esa reflexión e recollemento.
Así mesmo, anualmente vénse organizando unha programación de actos e actividades que teñen por obxecto a integración do Cemiterio na cidade e o seu achegamento á cidadanía.

Este esforzo veuse recompensado co premio “Mellores actividades de portas abertas de Cemiterios de España” no ano 2017, convocado pola revista Adiós Cultural, consulta a memoria dos últimos anos premendo aquí (http://www.lugo.es/ws/cemiterio/Actividades_files/Documentos/adjuntomemo...)