Coñece o cemiterio
O Cemiterio municipal de San Froilán está situado nas aforas de Lugo, a 4,2 km do centro amurallado da cidade, preto da Ruta Xacobea, o cal o converte nun enclave estratéxico para o turismo en peregrinación a Santiago de Compostela e un dos puntos de interese para a súa integración na “Ruta de Cementerios Históricos Europeos”.
O Cemiterio é relativamente moderno, data do ano 1948, se ben conserva construccións procedentes do anterior Cemiterio municipal que, tras o seu peche, foi trasladado a este. Como dato curioso podemos indicar que está construído sobre unha necrópole megalítica, e nas súas inmediacións consérvanse tres túmulos ou “mámoas”, aínda sen escavar.
Foi construído polo arquitecto Eloy Maquieira, un dos principais representantes da arquitectura racionalista en Galicia, deixando rastro deste estilo na racionalidade esencial da súa distribución.
Conta cunha superficie de 61.000 m2, cercada por 1 km de muro de pedra, á que hoxe habería que engadir a correspondente á zona ampliada cun total de 55.730 m2 máis as zonas de servicios.
Coñece algún dos monumentos máis significativos que podes atopar ó longo do recorrido polo noso cemiterio.