Termos legais
En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, artigo 10, dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:
Concello de Lugo
CIF P-2702800-J
Pza. Maior, s/n
27001 LUGO
Telf. 982 297 100
I.- Usuarios;
O acceso a e/ou uso do sitio web de CEMITERIO.LUGO.ES atribúe a quen o realiza a condición de persoa usuaria, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen ningunha reserva, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, de ser o caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.
II.- Uso do sitio Web, os seus servizos e contidos;
A persoa usuaria comprométese a utilizar o sitio Web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública..
Así mesmo, queda prohibido, o uso do web con fins ilícitos ou lesivos contra o Concello de Lugo ou calquera terceira, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio Web.
Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
- A súa reprodución, distribución ou modificación, a non ser que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou estea legalmente permitido.
- Calquera vulneración dos dereitos do Concello de Lugo ou dos seus lexítimos titulares sobre estes.
- A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarias, distintos dos estritamente permitidos.
- Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan ó dispor dos usuarios, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non lle causen ningún perxuízo ao sitio web CEMITERIO.LUGO.ES.
III.- Modificación unilateral;
O Concello de Lugo poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e o deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.
IV.- Hiperligazóns;
O establecemento de calquera hiperligazón entre unha páxina web e calquera das páxinas do sitio web de CEMITERIO.LUGO.ES estará sometido ás seguintes condicións:
- Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web CEMITERIO.LUGO.ES.
- Non se establecerán deep-ligazóns coas páxinas do sitio web nin dos seus servizos nin se creará un browser ou un border environment sobre estas.
- A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes a CEMITERIO.LUGO.ES.
- En ningunha circunstancia, o Concello de Lugo será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice a hiperligazón, nin das informacións e manifestacións incluídas nestas.
V. Exclusión de Garantías e responsabilidade;
O Concello de Lugo non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e perdas de calquera natureza que puidesen traer causa de:
- A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do web e/ou dos seus servizos ou contidos.
- A falta de utilidade, adecuación ou validez do web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
- A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
- A recepción, obtención, almacenaxe, difusión ou transmisión, por parte dos usuarios, dos contidos.
- O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, ós usos xeralmente aceptados ou á orde pública do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte das persoas usuarias.
- A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos ao dispor dos usuarios no sitio web.
- O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados ás persoas usuarias a través do sitio Web.
VI. Duración;
A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen perxuízo do anterior, o Concello de Lugo resérvase o dereito a interromper, suspender ou acabar a prestación do servizo do web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.
VII. Propiedade Intelectual;
Para os efectos de preservar os posibles dereitos de propiedade intelectual, no caso de que calquera usuario/a ou un terceiro considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido no web, deberá notificar a dita circunstancia ao Concello de Lugo indicando:
- Datos persoais do interesado titular dos dereitos presuntamente infrinxidos. Se a reclamación a presenta un terceiro distinto da persoa interesada, deberá indicar a representación coa que actúa. - Indicación dos contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa situación no Web.
- Confirmación dos citados dereitos de propiedade intelectual.
- Declaración expresa en que a persoa interesada se responsabiliza da veracidade das informacións facilitadas na notificación.
As correspondentes marcas gráficas son todas elas marcas rexistradas e queda prohibida a súa reprodución ou uso sen a autorización do seu titular.
A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiros é da exclusiva responsabilidade destes.
VIII. Lexislación aplicable e Xurisdición;
As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española.
O Concello de Lugo e a persoa usuaria, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo do Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido. No suposto de que a persoa usuaria teña o seu domicilio fóra de España, este e o Concello de Lugo, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Lugo.