Espazo reflexión
Nesta sección plásmase a tendencia que inspira as actuacións neste cemiterio, orientadas cara á súa consideración como lugar de reencontro persoal e de búsca da paz interior, e que se materializan na localización ao longo do recinto duns espazos denominados “puntos de paz”, nos que, entre flores e vexetación, se poden ler citas e frases de esperanza e consolo que procuran ás persoas visitantes uns momentos de reflexión e esperanza.
Deste modo, atoparemos aquelas frases e citas que se espallan ao longo do cemiterio, como invitacións á reflexión e como axuda para superar ou mitigar o transo e a dor que provoca a morte de familiares e seres queridos.
Tamén, e como primeiro protagonista, “O Poema”, uns versos anónimos cargados de esperanza e de positivismo que chegaron a nós como consecuencia da tráxica morte dunha xove compañeira no ano 2007, e que, dende daquela, acollen ás persoas visitantes e público en xeral, na mesma entrada do Cemiterio.