Unha visita nocturna polo Cemiterio Municipal permite observar a posta do sol dende unha perspectiva diferente

Fecha: 19/05/2016
Este xoves celebrouse unha visita nocturna ao Cemiterio Municipal de San Froilán, para observar a posta do sol dende unha perspectiva diferente. Logo continuouse cun roteiro guiado arredor das tumbas de persoeiros ilustres da cultura galega, con lectura de poemas e acompañamento musical.
Neste acto participaron as Concelleiras de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira.
O 21 de xuño, o teatro e a danza chegarán ao cemiterio, con actuacións de Espazo Artístico 10 e Palimoquiños, ás 20:00 horas.