Cristina López entrega os premios do VII concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo"
O acto contou coa presenza do recoñecido fotógrafo lucense Eduardo Ochoa, e o resto de integrantes do xurado
A área de Participación homenaxeou ao fotógrafo Carlos Valcárcel
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, entregou hoxe os premios do VII concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo". A área de Participación homenaxeou ao fotógrafo local Carlos Valcárcel, do que Cristina López destacou a obra de Carlos Valcárcel, e afirmou “que perdurará na memoria da cidade de Lugo”-
O concurso este ano tivo como temática a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. O xurado valorou a calidade técnica e artística das obras, dándoselle unha especial relevancia á captación da sensación de paz e harmonía coa que se impregnan os recintos dos cemiterios. O xurado estivo formado polo fotógrafo Eduardo Ochoa, Serafín Saavedra, encargado do Cemiterio Municipal e Carlos Álvarez, traballador da área de Cultura do Concello de Lugo.
"Serenidade", de Jesús Burgo, foi a imaxe gañadora dos 600€ do primeiro premio. O segundo premio, con 400€, foi para Ana Cancio, coa imaxe "Coroa de Hedra". Na terceira posición rematou "Quietude", de Aída Martín, que levou un premio de 200€. Cristina López agradeceu a todas as persoas que presentaron imaxes a súa participación no concurso.
Audio
- A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre o Concurso de Fotografía do Cemiterio| Descargar mp3