Aprazada a visita teatralizada polo Cemiterio Municipal do 28 de abril
Fecha: 23/04/2019
A visita teatralizada polo Cemiterio Municipal de San Froilán, De quen ves sendo?, programada polo Concello para este domingo, 28 de abril, ás 17:30 horas, aprázase por mor da celebración das Eleccións Xerais. O Concello comunicará en vindeiros días o novo día da celebración desta actividade, que busca dar a coñecer a historia do cemiterio e da cidade a través dos ollos das personalidades que descansan entre os seus muros. Esta programación continúa igual o 19 de maio eo 23 de xuño.