Bloques temáticos
1. Representacións da morte na historia
As distintas perspectivas na análise da morte proporcionan unha gran diversidade na súa representación a través dos distintos medios de expresión artística, literaria, musical e ao longo da historia a morte foi representada por moitos artistas versados nas distintas artes.
Establécense así ademais distintos canles que contribúen á superación das perdas e axudan a afrontar a morte.
Temas relacionados:
- A morte como tema recorrente na literatura
- Iconografía da morte na arte
- Monumentos funerarios.
2. Ritos funerarios e morte nas distintas culturas
A morte, feito natural que marca o final do ciclo de vida, foi desde o inicio dos tempos observado, analizado e interpretado desde distintas perspectivas e crenzas que son determinantes da diversidade de rituais funerarios e incluso dos distintos modos de enfocar a propia vida.
Así mentres na cultura occidental a morte, con certas diferencias desde as distintas relixións, é a negación, é consecuencia do pecado e polo tanto, é apartada, temida e inflixida como castigo supremo; na cultura oriental, a crenza na reencarnación a considera como un tránsito a nova vida e, polo tanto é aceptada con respecto; na cultura islámica, sen embargo, a morte é unha liberación.
Ademais, a morte, sempre rodeada de misterio, é e foi historicamente obxecto de ritos, na maioría dos casos para despexar o medo, intentando burlala, rendéndolle culto, ou, tamén a nivel emocional, para intentar afrontar e superar os procesos de dor que a acompañan.
É tamén interesante a análise dos obxectos da vida cotiá cuxas formas estaban ligadas a ritos e costumes arredor da morte e que nos dan información do grao de incidencia da morte no transcurso da vida.
Galicia é especialmente sensible neste aspecto e reúne unha cantidade importante de costumes e ritos que foron transmitíndose ao longo dos anos, existindo abondosa literatura que os recolle e analiza.
Temas relacionados:
- ¿Que significa a morte para as distintas culturas?
- Rituais funerarios nas diferentes culturas
- Ritos funerarios na prehistoria.
3. Antropoloxía da morte.
Desde o punto de vista da antropoloxía, o concepto da morte trátase cunha perspectiva ampla de modo que analiza todas as súas expresións e as súas interrelacións nos distintos aspectos psicosociais e culturais das persoas que condicionan e condicionaron ao longo da historia o propio enfoque do modo de vivir e de entender a vida.
Neste sentido, neste bloque temático podemos tratar as distintas perspectivas da morte que enraízan na dimensión relixiosa, familiar, social, política, cultural e incluso económica ao longo das sucesivas civilizacións e que deron lugar á gran diversidade de rituais e costumes funerarios.
Tamén se inclúe neste apartado a pedagoxía da morte como o compendio de didácticas necesarias para propiciar o seu tratamento a nivel educativo.
Temas relacionados:
- A ortotanasia ou a morte digna como un dereito.
- A concepción da morte condiciona o modo de vida das persoas?
- ¿Cómo condiciona o modo de vida nas distintas culturas?
- ¿Cómo explicar a existencia da morte aos nenos e nenas.
4. Grandes cemiterios monumentais
Os cemiterios, sepulturas, epitafios e construccións funerarias son unha fonte básica de información para o coñecemento da vida das cidades, dos costumes, da división social, do nivel económico, da súa vida cultural e o seu estudio contribuíu de xeito relevante ao coñecemento da prehistoria, do mundo clásico, do mundo medieval ou da sociedade contemporánea.
As tendencias actuais van encamiñadas cara a revalorización e posta en valor dos cemiterios como recintos custodios de arte e auténticos museos ao aire libre que, como tales, se proxectan ao exterior abrindo as súas portas á cidadanía para amosar e dar a coñecer o seu patrimonio.