Comunicacións

As persoas interesadas poderán presentar comunicacións a calquera dos bloques nos que se distribúe o contido do Congreso. A presentación de solicitudes pecharase o día 25 de outubro, deberán seguir as seguintes normas:

A proposta de comunicación enviarase, cos datos que a continuación se indican ao correo electrónico: congresoculturaememoria@grupos.nube.usc.gal:

Título da comunicación

Nome do autor/organismo ao que pertence/e-mail

Resumo de 300 palabras.

Breve resumo do seu currículo vitae (máx. 100 palabras)

A valoración e resultados publicaranse o  30 de outubro.

Para a súa presentación no Congreso, as comunicacións seleccionadas deberán aboar o importe de 30€ mediante ingreso na conta da USC número ES40-0049-2584-9022-14002210, indicando o nome do Congreso e a identificación do autor.

O texto completo das  comunicacións seleccionadas deberá ser remitido ao mail congresoculturaememoria@grupos.nube.usc.gal ata o 25 de novembro.

REQUISITOS

So se admitirá unha comunicación por persoa, aínda que se trate dun traballo de varios autores/as.

O texto das comunicacións contará cun máximo de 20.000 caracteres, deberá ir acompañado dos datos da autora/autor (nome completo, e-mail, enderezo postal e número de teléfono).

NORMAS DE PRESENTACIÓN

Número máximo de caracteres: 20.000

Figuras, Ilustracións, gráficos ou táboas: máximo 5. Contarán cos permisos, dereitos de publicación e créditos correspondentes.

Título e datos persoais: Farase constar na primeira páxina (negrita), nome do autor (texto normal) e a afiliación (cursiva).

Formato: A-4. Os marxes esquerdo, dereito, superior e inferior será de 2.5 cm.

Letra: Times New Roman 12p (texto), Interlineado 1.5. Notas ao pe de páxina10p, interlineado sinxelo.

Soporte informático: Os traballos remitiranse en calquera soporte informático