A Corporación Municipal retoma a tradicional ofrenda floral no Cemiterio Municipal

A Corporación Municipal retoma a tradicional ofrenda floral no Cemiterio Municipal
Fecha: 02/11/2021

A Corporación Municipal do Concello de Lugo realizou a tradicional ofrenda floral co motivo da festividade de Santos. Cristina López destacou a festividade de Santos deste ano, que evidenciou “a volta á normalidade, de xeito seguro,  no Cemiteiro Municipal despois de que o ano pasado as celebracións estivesen marcadas polas restriccións sanitarias”.

Durante a xornada de onte o Cemiterio Municipal contou con música clásica para amenizar as visitas das familias aos seus defuntos. As actividades no cemiterio continuarán durante todo o mes, co VII Concurso de Fotografía Estampas de Paz e Acougo  terá lugar do 18 de outubro até o 3 de novembro, que nesta edición versará sobre a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. Premiaranse tres fotografías, con 600, 400 e 200 euros cada unha.

Este ano volta novamente a interpretación de Don Juan Tenorio, que terá lugar o día 28 ás 19:00, correndo a cargo de Palimoco Teatro, mentres que a lectura dramatizada por nenos e nenas de Malala Teatro e da Escola Palimoco de Teatro, Don Juanín, será o día 14, neste caso ás 19:00. Ambas actividades estarán limitadas a 100 prazas e deberán recollerse na oficina municipal de turismo, a partir do 22 de novembro e do 8 de novembro, respectivamente. O día 28 terá lugar o concerto Música para o Recordo, aberto a toda veciñanza, durante o cal se realizará unha queima simbólica de mensaxes.