Concerto da Lembranza
Fecha: 11/11/2021
Hora: 19:30
Lugar de celebración: Cemiterio Municipal de San Froilán
Nun acto aberto á participación de toda a cidadanía, propiciaremos un gratificante momento de reecontro persoal na capela do cemiterio para lembrar, dun xeito cálido e cercano, aos nosos seres queridos e honrar a súa memoria.
Realizaremos tamén o ritual “VERBAS DE LUZ”, unha simbólica queima de mensaxes a fin de que as emocións máis íntimas e os máis garimosos desexos impregnen un ano máis a atmósfera do recinto.
Poderase participar presencialmente ou ben mediante a remisión da mensaxe a memoria.viva@lugo.gal, desde onde se xestionará a súa queima.