Comunicacións

As persoas interesadas poderán presentar comunicacións a calquera dos bloques nos que se distribúe o contido do Congreso. A presentación de solicitudes pecharase o día 25 de outubro, deberán seguir as seguintes normas:
A proposta de comunicación enviarase, cos datos que a continuación se indican ao correo electrónico: congresoculturaememoria@grupos.nube.usc.gal:
Título da comunicación
Nome do autor/organismo ao que pertence/e-mail
Resumo de 300 palabras.
Breve resumo do seu currículo vitae (máx. 100 palabras)
A valoración e resultados publicaranse o 30 de outubro.
Para a súa presentación no Congreso, as comunicacións seleccionadas deberán aboar o importe de 30€ mediante ingreso na conta da USC número ES40-0049-2584-9022-14002210, indicando o nome do Congreso e a identificación do autor.
O texto completo das comunicacións seleccionadas deberá ser remitido ao mail congresoculturaememoria@grupos.nube.usc.gal ata o 25 de novembro.
REQUISITOS
So se admitirá unha comunicación por persoa, aínda que se trate dun traballo de varios autores/as.
O texto das comunicacións contará cun máximo de 20.000 caracteres, deberá ir acompañado dos datos da autora/autor (nome completo, e-mail, enderezo postal e número de teléfono).
NORMAS DE PRESENTACIÓN
Número máximo de caracteres: 20.000
Figuras, Ilustracións, gráficos ou táboas: máximo 5. Contarán cos permisos, dereitos de publicación e créditos correspondentes.
Título e datos persoais: Farase constar na primeira páxina (negrita), nome do autor (texto normal) e a afiliación (cursiva).
Formato: A-4. Os marxes esquerdo, dereito, superior e inferior será de 2.5 cm.
Letra: Times New Roman 12p (texto), Interlineado 1.5. Notas ao pe de páxina10p, interlineado sinxelo.
Soporte informático: Os traballos remitiranse en calquera soporte informático