Teatro no Cemiterio de San Froilán de Lugo
O Cemiterio de San Froilán de Lugo, dentro da súa programación teatral anual para 2019, ofrece este domingo día 23 de xuño, ás 17:30, a sexta das súas visitas teatralizadas ao recinto, no cal son os seus moradores, neste caso moradoras, quen ofrece unha visión diferente do camposanto e, ao mesmo tempo, da crónica social e da memoria da cidade a través das súas propias vidas, do seu legado e da pegada deixada.
Trátase dunha serie de visitas realizadas ao longo do ano por un grupo de teatro da localidade, o Grupo Achádego, que reconstrúe en cada unha de elas, un anaco da historia da localidade.
Todo elo contribúe ao esforzo realizado nos derradeiros anos para o achegamento do cemiterio á cidadanía e as súa incorporación á vida social e cultural da cidade, ofrecendo para elo un espacio de calma e paz idóneo para a memoria, a lembranza, o recoñecemento, a celebración da vida deixada, e onde ademáis, poder gozar do seu patrimonio funerario.