A cidade de Lugo conta cun Cemiterio municipal emblemático que data do ano 1948 aproximadamente, fiel depositario da memoria histórica da cidade.
Con independencia da súa singularidade e beleza harmoniosa, conta cunha interesante bagaxe de construccións funerarias que foron trasladadas desde o antigo cemiterio municipal da cidade, situado na avenida de Ramón Ferreiro, o cal lle confire o seu valor artístico e histórico.
Actualmente o Cemiterio adquiriu unha grande sona tanto polas actividades que se foron realizando no recinto dentro da programación anual, orientadas á súa consideración como un lugar de repouso, de paz e de reencontro persoal, como pola súa proxección europea, ao estar integrado na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos.