I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria
O Concello de Lugo e a USC veñen de anunciar a convocatoria do I Congreso Iberoamericano Cultura e Memoria: As perspectivas da morte que terá lugar en Lugo os días 30 de novembro e 1 de decembro.
Esta actividade, que se realiza no marco do convenio de colaboración subscrito entre as dúas entidades, pretende profundar no tema da morte, e ven a afianzar a dinámica de traballo interdisciplinar levado a cabo nestes últimos anos entre Concello e USC, que ten consolidado xa logros importantes no ámbito da cultura funeraria.
O programa abrangue distintos eixes temáticos:
- Representacións da morte na historia
- Ritos funerarios e morte nas distintas culturas
- Antropoloxía da morte.
- Grandes cemiterios monumentais
En cada un deles tense previsto a realización de conferencias, comunicacións e mesas redondas que terán lugar ao longo destas xornadas que, en definitiva, pretenden crear un foro de debate e estudio das distintas achegas científicas e de investigación que neste ámbito proporcionen información precisa a través da cal poder abordar conceptual e culturalmente a morte.
Bloques temáticos · Comités · Ponentes · Comunicacións · Matriculación · Programa do congreso · Comunicantes